agrogaceta

Hortalizas de España con Denominación de Origen: Pataca de Galicia

Dirección de la Denominación:
Finca A Devesa, s/n
32630 XINZO DE LIMIA (Ourense)
Telf. / Fax: 988 46 26 50

E-mail: patacadegalicia@teleline.es

Producto

Baixo a Denominación Específica "Pataca de Galicia" só se poderán ampara-las patacas de consumo da variedade Kennebec.

  • Características da pataca

As características particulares das patacas de consumo amparadas pola Denominación Específica Pataca de Galicia son as seguintes:

  • Os tuberculos terán forma redonda a oval con presencia de ollos moi superficiais. Pel de aparencia lisa e fina e cor amarela clara.
  • Carne de cor branca, testura firme e cremosa ó cocer, consistente en boca.
  • Calidade de consumo excelente, destacando polo seu contido en matería seca e por mante-las súas cualidades de cor, aroma e sabor despois de ser cociñada.
  • Características analíticas:
  • Contido en materia seca > 18%.
  • Contido en azucres reductores < 0,4%.

Zona Geográfica

A zona de producción das patacas protexidas pola Denominación Específica "Pataca de Galicia" está constituída polas seguintes subzonas:

Subzona de Bergantiños: constituida polos concellos de Carballo, Coristanco, Laracha, Malpica de Bergantiños e Ponteceso.

Subzona de Vilalba: constituida polos concellos de Cospeito, Vilalba e Xermade; así como polas parroquias de Aldixe, Candia, Castromaior e Moncelos no concello de Abadín.

Subzona da Limia: constituida polos concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz da Veiga, Sandiás, Sarreans, Trasmiras, Vilar de Santos e Xinzo de Limia; e as parroquias de Coedo, Paradiña e Torneiros do concello de Allariz; as parroquias de Atas, Cualedro, Vilela, Lucenza, e A Xironda do concello de Cualedro; as parroquias de Vilar de Barrio, Bóveda, San Miguel e Seiró do concello de Vilar de Barrio; e as parroquias de Sobradelo, Bobadela, Abeleda e A Graña do concello de Xunqueira de Ambía.

 

Subir

volver